NEDA ACOLLERÁ ESTE MES A VISITA CULTURAL DUN NUMEROSO GRUPO DE TRABALLADORES DO FÓRUM METROPOLITANO DA CORUÑA

17/05/2012

A concelleira de Promoción Turística de Neda, Montse Rico, informou esta mañá de que Neda recibirá o luns, 28 de maio, a visita dun grupo integrado por 55 traballadores do Fórum Metropolitano da Coruña. No marco desta visita cultural, descubrirán os principais reclamos turísticos da real vila. Segundo explicou a edil, chegarán a Neda sobre as 10,30 horas para, 15 minutos máis tarde, iniciar a ruta dos muíños. Ruta de sendeirismo que chega ata A Fervenza.
Xa pola tarde, a partires das 16,30 horas, realizarán unha visita ao casco histórico da vila, dende o atrio de Santa María ata a Igrexa de San Nicolás, pasando pola rúa Real ou apreciando a Torre do Reloxio (antigo hospital de peregrinos).
A concelleira avanzou a súa intención de reunirse co grupo de cara a invítalo a participar noutras propostas que Neda ofrecerá en vindeiras datas, como Xuviño, xa no mes de xuño. O Fórum Metropolitano é un centro de servizos integrados no que se atopan ubiacadas diferentes unidades que prestan servizos culturais e educativos (biblioteca, cines, auditorio, centro de información xuvenil) e servizos sociais ou administrativos.


O CONCELLO CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUN RECITAL POÉTICO EN HOMENAXE A VALENTÍN PAZ-ANDRADE

16/05/2012

O Concello de Neda conmemora este ano o Día das Letras Galegas cun recital poético. Segundo explicou a concelleira de Educación e Cultura, Eva Olmo, a iniciativa, en homenaxe a Valentín Paz-Andrade, celebrarase esta tarde na Casa das Palmeiras. Nesta liña, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, invitou á veciñanza a participar no recital a partires das 19 horas. Poetas de toda a bisbarra serán os encargados de dar lectura aos textos do intelectual galego homenaxeado este ano.
Así, entre os poetas que darán lectura ás obras están Aurora Varela, Xoán García, María Teresa Pouso López, Victoria Rey, Evangelina López García, Isabel Espiñeira ou Francisco Vila. Por último, alcalde e edil invitaron á cidadanía a participar no recital poético e celebrar, xunto ao Concello, o Día das Letras Galegas.


ESTUDANTES DA ESO DO IES FERNANDO ESQUÍO PARTICIPARON NUN BOOKCROSSING ORGANIZADO POLO CONCELLO CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS

15/05/2012

A Aula Abalar do IES Fernando Esquío de Neda foi o escenario, onte pola mañá, dun Bookcrossing organizado polo Concello no marco do programa deseñado para conmemorar o Día das Letras Galegas. No mesmo participaron os estudantes do primeiro curso da ESO do centro educativo, repartidos en dúas quendas de 25 alumnos e alumnas. Ao respecto, a concelleira de Cultura e Educación, Eva Olmo, explicou que foi a Biblioteca Municipal quen cedeu as publicacións de narrativa xuvenil en galego que se liberaron. A edil avanzou tamén que, con posterioridade, o departamento de Cultura organizará unha nova sesión, esta vez con membros do Clube de Lectura “Fantasmas de papel”, da Biblioteca do IES Fernando Esquío.
Os actos previstos polo Concello para celebrar o Día das Letras Galegas completaranse cun recital poético en homenaxe a Valentín Paz-Andrade. Será este mércores, 16 de maio, na Casa das Palmeiras. Nesta liña, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, invitou á veciñanza a participar no mesmo a partires das 19 horas. Poetas de toda a bisbarra serán os encargados de dar lectura aos textos do intelectual galego homenaxeado este ano.


CHARLA SOBRE HIPERACTIVIDADE NO CEIP MACIÑEIRA

14/05/2012

O Concello de Neda e a Asociación de Niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención (Anhida) invitan ás familias e ao profesorado a asistir á primeira charla sobre este trastorno que organizan ambas institucións nos centros educativos da vila. Terá lugar MAÑÁ martes, no CEIP Maciñeira, ás 16 horas. O obxetivo é dar a coñecer este trastorno para facilitar a súa detección. O ciclo continuará o xoves 24 no IES Fernando Esquío, e o martes 29 no CEIP San Isidro.


CONCELLO E ANHIDA INVITAN ÁS FAMILIAS E AO PROFESORADO A PARTICIPAR NUN CICLO DE CHARLAS SOBRE HIPERACTIVIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

12/05/2012

Os centros educativos de Neda acollerán nas próximas semanas unha serie de charlas centradas na hiperactividade e o déficit de atención. Unha problemática que afecta na comarca a entre o 5 e o 7% do alumnado segundo as estimacións de ANHIDA (Asociación de Niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención). A entidade, cun ano de vida e sede en Neda grazas á cesión por parte do Concello do seu local social no Edificio de Usos Múltiples da Toeleira, organiza o ciclo en colaboración coa Administración local. O obxetivo é dar a coñecer este trastorno para facilitar a súa detección. Así, están dirixidas ás familias e tamén ao profesorado e celebraranse o próximo martes, 15 de maio, no CEIP Maciñeira; o xoves 24 no IES Fernando Esquío, e o martes 29 no CEIP San Isidro. Nos tres casos, as charlas comezarán ás 16 horas.
As charlas principiarán cunha breve presentación da asociación por parte da súa presidenta, Mónica Bellón. A continuación, tomará a palabra a psicopedagoga Bibiana Álvarez, para explicar en qué consiste a hiperactividade e/ou déficit de atención, as tipoloxías e tamén os diferentes tratamentos (farmacolóxicos, psicopedagóxicos e psicolóxicos). Así mesmo, dará conta das pautas para a intervención por parte do profesorado e das familias. Pecharase cun turno de preguntas para dar resposta ás posibles dúbidas que xurdan entre os asistentes.
Neste sentido, a presidenta da asociación explica que en moitas ocasións non resulta fácil detectar a hiperactividade e o déficit de atención nos nenos, xa que se soe confundir con exceso de nerviosismo ou inquietude nos rapaces. Neste senso, os centros educativos xogan un papel moi importante á hora de facilitar a diagnose e, de ahí, que as charlas que agora se programan estén dirixidas tamén ao profesorado. Por último, Concello e ANHIDA animan á cidadanía a asistir a este ciclo, achegarse a este trastorno e solventar as dúbidas que se lles poidan presentar.


[Noticias antiguas ...]

Ayuntamiento de Neda
<2012>
<<Mayo

>>
LuMaMiJuViSaDo
El Tiempo en Neda - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Avenida de Algeciras, 34. 15510 Neda Tlf. Centralita: 981 380039

E-mail:concello@neda.es