NEDA TERÁ ESTE ANO A SÚA PROPIA OFICINA DE TURISMO


Neda, 29 de Xuño de 2018. A través da Mancomunidade de Concellos de la Comarca de Ferrol e con financiamento da Xunta, Neda recuperará este verán a oficina de turismo, un servizo que levaba anos sen estar en funcionamento.
As instalacións da Casa da Cultura acollerán o centro de información aos visitantes, que estará operativo entre o 15 de xullo e o 15 de setembro.
O equipo de goberno valora esta axuda que o Concello está a recibir e destaca a importancia do servizo nun municipio que acolle o paso duns 5.000 peregrinos ao longo de todo un ano, ao marxe das persoas que chegan a Neda coa idea de coñecer os seus recursos naturais, patrimoniais ou culturais.
A selección da persoa que estará ao fronte deste servicio correrá a cargo da Mancomunidade, que estes días ultima a redacción das bases da convocatoria. Terán preferencia os desempregados e os inscritos para mellora de emprego.