NEDA APROVEITA A SÚA PRESENZA EN FESTUR PARA DIVULGAR A SÚA RIQUEZA E PATRIMONIO

 Neda, 7 de Xuño de 2018. Desde o día de hoxe a ata o próximo domingo Neda estará presente na quinta edición da Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), unha convocatoria que por primeira vez coincide coa celebración da Semana Verde de Galicia. Ámbalas dúas citas teñen lugar estes días en Silleda. O Concello de Neda, xunto a 34 máis de Galicia, aproveitará a súa participación no evento para divulgar a súa gastronomía, con degustacións de empanada e pan durante a fin de semana, e mesmo para darse a coñecer como destino turístico.

O goberno local responde así á invitación realizada desde a Axencia Turismo de Galicia pola denominación de Festa de IntereseTurístico de Galicia que desde o ano 2013 pasou a ter a Festa do Pan, un evento que desde hai 29 anos -o previsto para o próximo mes de setembro será o número 30- se celebra na localidade coincidindo coa primeira fin de semana no devandito mes. Polo tanto, o Concello tamén aproveitará a súa presenza en Silleda para promocionar a que a día de hoxe é unha das festas gastronómicas que suscitan maior interese na comarca de Ferrol.

O alcalde de Neda, Ángel Alvariño Saavedra, lembra os esforzos que desdeo equipo de goberno de Neda se están a facer “cara á posta en valor do nosa principal riqueza, que é a paisaxe e o patrimonio, tamén o gastronómico, de aí que vaiamos a Festur a mostrala ao mundo”.