O CONCELLO PROMOVE O GALEGO COA PROXECCIÓN DUN DOCUMENTAL SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO


Será o mércores na Casa da Cultura, ás oito da tarde


Neda, 14 de maio de 2018. O Concello de Neda contribúe á difusión do galego organizando para o mércores, día 16, a proxección do documental “Reivindicando a María Victoria Moreno”, escritora homenaxeada este ano co motivo das Letras Galegas.
 

A Casa da Cultura acollerá unha cita que dará comezo ás oito da tarde. Trátase dun traballo de 35 minutos de duración realizado por Gonzalo E. Veloso, no que as voces dos participantes ofrecen información concreta da escritora, complementada con material de arquivo, no que podemos vela na pantalla, ter a súa imaxe, conectar coa persoa e entender así mellor a súa obra e a súa vida adicada a literatura galega.
Entre outros participantes están os familiares máis directos como o seu viúvo, Pedro Ferriol, ou a súa filla Begoña Llacer e amigos e expertos como Xavier Senín ou Fina Casalderrey.
 

A proxección do documental complementarase co coloquio que se abrirá unha vez rematada a exhibición.