NEDA CONVOCA ANDAINAS, ABERTAS AO PÚBLICO E GRATUÍTAS, PARA OS DÍAS 21 DE ABRIL E 5 DE MAIO


Neda, 12 de Abril de 2018.- O Concello de Neda fomenta a actividade física coa organización de convocatorias como as que terán lugar o día 21 de abril e 5 de maio. Trátanse de dúas andainas, de 10 e 15 quilómetros respectivamente, abertas á cidadanía e de inscrición gratuíta. A primeira delas, denominada “Ponte do tren”, será o sábado 21 e terá como punto de partida o albergue de peregrinos, ás 10.30 horas. As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 19 para apuntarse nas oficinas do Concello, abertas ao público de nove da mañá a dúas da tarde. A seguinte cita, prevista para o primeiro sábado de maio, leva por título “Fervenza do Belelle”, o que xa dá unha pista sobre o seu percorrido. A saída volverá a estar no albergue de peregrinos e a saída tamén será ás 10.30 horas. O prazo de inscrición, que cabe recordar que é gratuíta, será do 23 de abril ao 3 de maio.