O CONCELLO ORGANIZA OBRADOIROS PARA QUE 200 NENOS COÑEZAN O LABOR DE PREVENCIÓN E ASISTENCIA DOS GRUPOS DE EMERXENCIA

Neda, 7 de Abril de 2018.- O Concello de Neda, en colaboración co Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Mugardos, organiza unhas xornadas para que os nenos do municipio coñezan o traballo de prevención e asistencia que se está a realizar desde este tipo de agrupacións. A iniciativa dará lugar á celebración de dous obradoiros previstos para os días 9 e 12 do presente mes. No conxunto do programa participarán 200 alumnos de Educación Infantil e Primaria dos colexios Maciñeira e San Isidro. Os nenos coñecerán desde o labor que fai de loita contra o lume nos montes, ata a asistencia en sinistros e mesmo a actividade que se realiza contra a avespa velutina. Precisamente, o Concello de Neda vén de instalar trampas para garantir a captura desde tipo de insectos durante a campaña de primavera. A xeolocalización das unidades distribuídas polo municipio e mesmo a evolución das capturas xa se poden seguir a través web municipal (www.neda.es), no apartado de servizos municipais. Desde a Concellería de Medio Rural tamén se quere animar aos veciños a participar na iniciativa para a que é necesario inscribirse no rexistro do Concello. Durante a anterior campaña de trampeo, realizada durante a primavera do 2017, foron capturarados preto de 700 exemplares de velutina, ademais de se retirar máis de 240 niños entre o GES de Mugados e persoal do propio Concello.