O CENTRO CÍVICO MIGUEL MILLARENGO ACOLLERÁ O VENRES O BAILE DE ENTROIDO PARA MAIORES DE 65 ANOS

 Neda, 14 de Febrero de 2018.- O Concello de Neda organiza para a xornada desde venres a celebración do baile de Entroido da Terceira Idade, unha cita aberta á participación de persoas maiores de 65 anos de Neda pero tamén doutros municipios limítrofes. O centro cívico Ramón Millarengo acollerá unha cita que, amenizada por un grupo musical, inclúe ademais unha merenda a base de empanada, lacón, bebidas e larpeiradas propias desta época do ano. A entrada é gratuíta para os residentes do municipio organizador. A xente de fóra terá que pagar cinco euros . A festa arrincará ás seis da tarde.