A 14ª XUNTANZA DE PALILLEIRAS DE NEDA REUNIRÁ A UNS 400 PARTICIPANTES

 Neda, 14 de Febrero de 2018.- Unhas 400 palilleiras, chegadas desde moi distintos puntos da xeografía galega, tomarán parte este sábado na edición número 14 da xuntanza organizada pola Asociación de Palilleiras Filigrana de Neda. O pavillón polideportivo acollerá unha celebración que dará lugar á exposición de traballos feitos polas participantes pero tamén á venda de artesanía por parte de empresarios de Tarragona, Ponferrada e Ourense. É unha moi boa oportunidade de descubrir outros posibles usos do encaixe, así como materiais e tecidos menos habituais. O programa arrincará ás 11.00 horas coa chegada das participantes, que ao longo da mañá traballarán á vista da xente. As instalacións permanecerán pechadas ao público entre as 13.30 e as 16.00 horas para, a continuación, retomar a actividade ata o final da xornada. A entrega de agasallos e de diplomas ás participantes, así como o sorteo de obxectos entre os asistentes, serán algúns dos contidos previstos para esta segunda parte da xuntanza. O Concello de Neda colabora coa entidade na celebración dunha cita que desde hai 14 anos sitúa ao municipio nun lugar moi destacado dentro da artesanía galega. Desde o goberno municipal invítase a veciños e foráneos a reencontrarse coas labores máis tradicionais visitando as instalacións do pavillón municipal. A Asociación Filigrana ten máis de 250 socios e Ángeles Rodríguez é a presidenta desta entidade, que traballa a prol da tradición do encaixe entre as novas e cara ás futuras xeneracións.