PROTECCIÓN CIVIL DE NEDA TEN NOVA FURGONETA

 Neda, 12 de Febreiro de 2018.- O alcalde de Neda, Ángel Alvariño Saavedra, en representación do Concello, asistiu hoxe en Pontedeume ao acto de entrega da furgoneta tipo pick-up que pasará a formar parte do parque móbil de Protección Civil. O acto estivo presidido polo vicepresidente da Xunta e concelleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Venezuela, e no mesmo estiveron tamén presentes representantes dos concellos de Cabanas, Mugardos e Pontedeume. Alvariño Saavedra mostrouse moi agradecido pola incorporación deste novo vehículo a unha agrupación que vela pola seguridade das persoas. Ata o día de hoxe os 19 voluntarios de Protección Civil só tiñan un todoterreo e unha motobomba. O Concello de Neda participou nunha convocatoria -con custo cero para a administración local- para municipios de menos de 50.000 habitantes destinada a equipamentos de emerxencia. Trátase dunha iniciativa cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. A administración local asume a contratación do seguro da furgoneta.