NEDA REÚNE A CASE 600 PERSOAS NA PRIMEIRA GALA BENÉFICA CONTRA O CANCRO INFANTIL

 Neda, 12 de Febreiro de 2018.- O Concello de Neda está verdadeiramente satisfeito tanto pola resposta da xente -máis de 580 asistentes- como polo desenvolvemento da primeira Gala Bené- fica Contra o Cancro Infantil que tivo lugar na tarde do pasado domingo no pavillón municipal. A imaxe dunha bancada ateigada de público -uns 442 adultos e máis de 140 nenos- é unha boa mostra do éxito da convocatoria. A organización estima que a recadación pode estar ao redor de 3.50o euros e garante así mesmo a continuidade da convocatoria cara aos próximos anos. A fila cero tamén xerou cen euros máis. Todo o diñeiro recadado terá como finalidade contribuír á investigación científica en dito campo. A gala consistiu nunha serie de actividades e na celebración de actos solidarios, entre os que cabe recordar a degustación de chocolate quente, un obradoiro de maquillaxe e a cantina. A festa arrincau ás cinco e media e finalizou pasadas as oito da tarde.