A CABALGATA DE REIS SAIRÁ ÁS 19.30 HORAS DO PUNTAL


Neda, 2 de xaneiro de 2018.- O Concello de Neda ten pechado o percorrido que os Reis Magos farán na tarde do día 5 de xaneiro para recibir o cariño dos nenos do municipio. Segundo o previsto, as Maxestades de Oriente sairán do Puntal ás 19.30 horas para, a continuación, chegar á Casa das Palmeiras. Posteriormente, os Reis Magos farán un percorrido desde a ponte de Xuvia ata Muchiqueira e finalmente recibirán aos nenos e nenas no pavillón do Roxal, donde serán obxequiados con caramelos e chuches.