O ciclo Tempo para o Teatro chega esta fin de semana á súa terceira representación na Casa da Cultura

O ciclo Tempo para o Teatro chega esta fin de semana á súa terceira representación na Casa da Cultura. Será o sábado 11, o día que a compañía Teatro do Atlántico porá en escena a obra “Helena. Xuízo a unha lurpia”, un monólogo no que María Barcala enfréntase a un “gozo doloroso, un traballo moi duro” grazas á personaxe da mitoloxía griega que motivou a Guerra de Troia. A función dará comezo ás 20.30 horas. As entradas, que xa están a venda, custan dous euros.