NEDA TERÁ IMPRESORAS EN PROPIEDADE

Neda, 9 de novembro de 2017.- O goberno de Neda fixo contas con respecto ao gasto anual que xera o uso das impresoras que están a funcionar no Concello, Casa da Cultura e Centro Cívico e viu que era moito máis rentable pasar do actual sistema de aluguer (renting) ao de propiedade.
Esta decisión levou ao equipo de goberno a solicitar ofertas a un total de seis empresas subministradoras, das que finalmente só mostraron interese tres, co fin de renovar os equipos coa adquisición de cuatro novas máquinas de similares características ás que agora existen.
O investimento estimado ascende a 20.000 euros e o aforro xerado ao longo do ano pode superar os 3.000, polo que o gasto quedará amortizado nun prazo inferior aos sete anos.