O CONCELLO CONSTRÚE UN APARCAMENTO PARA LIMITAR O ACCESO POLO CAMIÑO DA FERVENZA

Neda, 8 de novembro de 2017.- O Concello de Neda xa está a executar a obra que dará lugar á creación dun aparcamento ao pé do camiño de acceso á Fervenza, nas inmediacións do pazo de Isabel II. O goberno municipal trata así de evitar os problemas de tráfico que agora se están a dar polo estreitamento da calzada. O investimento non supera os 6.000 euros e o proxecto consiste no acondicionamento dunha superficie de aproximadamente 1.500 metros cadrados. Son dous propiedades, agora unidas, e cedidas polos seus lexítimas propietarias ao Concello durante os próximos 25 años. O executivo local quere agradecer publicamente tanto a Cecilia Rico como a Hildegart Galego a súa total disposición á hora de colaborar co Concello para evitar os atrancos que a día de hoxe se suceden, e de maneira moi especial durante as fins de semana, nun camiño de quilómetro e medio de lonxitude, estreito e moi transitado. De feito, a idea do goberno municipal tamén pasa por limitar, durante fas ins de semana, festivos e pontes vacacionais, a circulación polo mesmo unicamente a residentes e persoas con problemas de mobilidade, de tal maneira que o resto da xente terá que deixar o coche no aparcamento agora en fase de construción e cubrir a pé a devandita distancia. Esta disposición aínda está en fase de estudo, tal e como sinalou o alcalde, Ángel Alvariño Saavedra.