Alerta por temporal

 A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta vén de activar a alerta laranxa por vento con refachos que poden alcanzar os 100 quilómetros por hora e temporal costeiro dende este mediodía.

 
Por iso, pídese máxima precaución e realizar tan só saídas imprescindibles. Dende a Xunta, recórdase á poboación a importancia de retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptibles de desprazarse co vento.