A Biblioteca reabre as súas portas

 O Concello de Neda informa de que a Biblioteca Municipal reabre hoxe as súas portas e recupera así a atención presencial. Iso si, coa limitación de aforo do 30% establecida pola Xunta de Galicia no marco das novas medidas vixentes en relación á covid-19.

O horario de apertura será de 9 a 13 e de 16 a 20 horas de luns a venres, coas correspondentes medidas de prevención para garantir que a Biblioteca sexa un espazo seguro