Novas


O Concello adxudica o contrato do servizo de limpeza viaria por 35.200 euros ao ano

 Tras a súa licitación mediante concurso aberto, o Concello de Neda vén de adxudicar a Vázquez Garzón o contrato do servizo de limpeza viaria a razón de 35.200 euros anuais. O contrato, por un ano, contempla a posibilidade de prórroga por outros dous, ata completar o trienio.

Segundo o contrato, o adxudicatario disporá dun mínimo de 2 traballadores/as durante todo o ano para unha boa execución das labores de conservación. Así mesmo, o contrato contempla tarefas de limpeza viaria tanto de malas herbas, maleza..., follas caídas, recortes e podas, ou dos desperdicios que por calquera procedemento cheguen ás zonas incluídas no mantemento ou que se atopen depositadas naquelas papeleiras incluídas no seu perímetro. A limpeza completarase coa retirada inmediata dos residuos e o traslado dos mesmos con medios propios a colectores axeitados ou a calquera outro lugar que puidera ser designado e evitando que permanezan na vía pública acopios dos mesmos.

Tamén a recollida da totalidade das papeleiras e a reposición das bolsas. Así mesmo, a empresa adxudicataria deberá xestionar e trasladar aos xestores autorizados todos os residuos procedentes da limpeza.

 


O Concello de Neda reforza o servizo de recollida de voluminosos ampliando as rutas en función da demanda veciñal

 O Concello de Neda anima á veciñanza a facer uso do servizo gratuíto de recollida de voluminosos para favorecer a correcta xestión dos residuos e evitar así a proliferación de verquidos incontrolados en zona urbana e rural. Un servizo que o Concello presta o último luns de mes na zona comprendida entre o río Belelle e a ponte de Xuvia, así como nas zonas de Viladonelle, Mourela, Anca e O Roxal, e o primeiro luns de mes na área entre o río Belelle e o límite co termo municipal de Fene.

A estes servizos mensuais, o Concello tamén pon a disposición da veciñanza o número de teléfono 981 38 00 39 para que informen se precisan realizar depósitos fóra do citado calendario. A partir das chamadas recibidas, programarase unha ruta específica que se lles comunicará informando do día e hora á que poden deixar os seus enseres para ser retirados polo Concello.

Así mesmo, e como medida de concienciación, o Concello vén de instalar nova sinaléctica en diferentes puntos do municipio sobre o servizo de punto limpo, tamén dispoñible para os veciños e veciñas empadronados en Neda. 


O Concello de Neda instala nova sinalización restrinxindo o acceso de vehículos de gran tonelaxe nas pistas e camiños municipais

 O Concello de Neda vén de concluír estes días a instalación de nova sinalización nas pistas e camiños de titularidade municipal lembrando as restriccións ao tráfico pesado.

Unha limitación para o paso de vehículos que superen as 12 toneladas, coa que se pretende evitar os danos no firme dos viais provocados nos últimos tempos polo tránsito constante de vehículos de gran tonelaxe.



O Concello executa traballos de reposición das pedras que conforman o firme da rúa Real

 O Concello de Neda está a levar a cabo traballos de reposición e reforzo das pedras que conforman o firme da rúa Real, no casco histórico do municipio. Tarefas que executan operarios municipais estes días tras recibir o material, de granito, e nas que se seguen escrupulosamente as directrices marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio. Os traballos, que deben realizarse recurremente, veñen motivados pola continua rotura destas pedras, especialmente ao longo do percorrido da antiga canalización da auga. Nesta área sofren con maior incidencia o peso de vehículos de gran tonelaxe, habituais en intervencións de rehabilitación dos inmobles nesta zona, e rematan por quebrarse.

Consciente desta situación, o Concello iniciaba nos últimos anos traballos de reforzo en cada nova colocación. Para iso, incorpora angulares de ferro sobre a base de cada pedra que contribúen á resistencia do granito.

Así mesmo, o Concello vese obrigado a encargar pezas a medida, xa que cada unha delas ten unhas dimensións e tamaños diferentes, o que retrasa en moitas ocasións a reposición das mesmas. 


Trécola Teatro trae este venres a Neda o seu último espectáculo, “Sen medo”

 O salón de actos da Casa da Cultura de Neda acollerá este venres ás 18 horas unha nova sesión de contacontos a cargo de Trécola Teatro, que trae ao municipio o seu espectáculo “Sen medo”. Dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 9 anos, a función celebrarase seguindo un protocolo específico de prevención fronte á covid-19.

A entrada é gratuíta, pero para asistir é preciso inscribirse previamente de 9 a 13 e de 16 a 20 horas na Biblioteca ou chamando ao 981 39 02 33.

As prazas son limitadas e os menores deberán estar acompañados dunha persoa adulta por unidade familiar. A obra narra as peripecias de Roi e Silo, dous pingüíns machos que queren ser pais, e das tartarugas Clementina e Artur, que comenzan unha vida xuntos.
 
A sesión inclúese no programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia.

<<  Anterior | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Seguinte  >> 



Axenda


Feirón Mensual

 Durante toda a mañá, nas inmediacións da Casa das Palmeiras, con produtos da horta


Pleno extraordinario

 Ás 10 horas, cun punto na orde do día: sorteo das mesas electorais para as eleccións ao Parlamento de Galicia


Representación de la obra teatral "Chola, a it girl"

 Na Casa da Cultura, ás 20,30 horas. Comedia dirixida a un público maior de 11 anos, con entradas a 2 euros

<<  Previous  | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Next  >> 

Tramites online