Novas


O FILME “P3K: PINOCHO 3000” PROXECTARASE MAÑÁ MÉRCORES NA RÚA REAL DE NEDA

Neda, 17 de Xullo de 2018.- A rúa Real de Neda acollerá mañá mércores a proxección da películab “P3K: Pinocho 3000”, que dará comezo ás 20.30 horas e que, en caso de choiva, se trasladará ás instalacións da Casa da Cultura.
Trátase da segunda proxección das tres que terán lugar este verán na vila de Neda con motivo da participación do municipio en el programa “Visións” da Deputación da Coruña, unha iniciativa da institución provincial para promocionar o sétimo arte en sesións nocturnas ao aire libre.
La programación, no caso de Neda, daba comezo o día 4 de xullo co filme “La La Land. La ciudad de las estrellas” e finalizará o día 8 de agosto co título “Pérez: o ratiño dos teus soños”.
Estaúltima cita será ás 22.00 horas no pavillón do Roxal.



I Campeonato de chave Concello de Neda



Presentamos o cartel definitivo do Festival Noite de Bolos, sábado 1 de setembro 2018 no paseo marítimo de xubia a partir das 21.30 h. Rock metal, música balcánica, garaxe, punk. Bandas galegas en galego. Non o perdas!. Iremos informando.



POLÍTICA SOCIAL CONTRIBÚE CON 18.000 EUROS AO EQUIPAMENTO DA ESCOLA INFANTIL “OS PELEGRÍNS”


Neda, 10 de Xullo de 2018.- O Concello de Neda vén de firmar un convenio de colaboración coa Consellería de Política Social para contribuír ao equipamento da escola infantil “Os Pelegríns”, un servizo que entrou en funcionamento hai agora un ano e que o equipo de goberno considera clave para garantir o incremento dunha poboación local. A colaboración autonómica ascende a 18.000 euros.
O acordo foi asinado no transcurso dun acto que tivo lugar onte en Santiago de Compostela e no que estiveron presentes o titular da devandita consellería, José Manuel Rey Varela; o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíño, e o alcalde, Ángel Alvariño Saavedra.
No encontro foron abordadas outras cuestións como a participación do Concello de Neda nun plan autonómico polo que as escolas infantís recibirán unha axuda de 7.000 euros por cada unha das aulas que teñan en funcionamento -no caso de Neda serían 14.000 euros- e o compromiso de incrementar o número de usuarios do servizo de asistencia ao fogar, unha prestación social moi necesaria e demandada nun municipio no que viven 1.500 persoas maiores de 65 anos.
O titular da Consellería de Política Social, José Manuel Rey Varela, tamén comprometeuse a estudar a posibilidade de que os maiores de Neda poidan facer uso do centro de día de Caranza, no que a día de hoxe existen 40 prazas vacantes, á espera de que o Concello dispoña do seu, un obxectivo sobre o que xa está a traballar o equipo de goberno.
Pola súa banda, o alcalde valorou a posibilidade de que o Concello participe no servizo “Xantar na casa”, unha iniciativa autonómica dirixida ás persoas maiores que “pode ser de gran interese para as persoas de certas idades, que vivan soas ou que teñan algún tipo de discapacidade”, segundo apuntou Alvariño Saavedra.
CONCELLO
DE NEDA



Convocatoria e bases reguladoras das subvencións municipais a entidades sen fin de lucro durante o exercicio de 2018

ANUNCIO O Pleno este Concello, en sesión celebrada o día 9 de abril do 2018, aprobou os orzamentos e as súas bases de execución para o actual exercicio de 2018. No anexo IV recóllense as BASES REGULADORAS DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO. Cumprindo o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 25 do mes actual, fanse públicas estas bases. Consoante co previsto na base 4, das reguladoras da convocatoria, as entidades interesadas poderán solicitar as subvencións no prazo de VINTE DÍAS NATURAIS, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

 

Enlace a convocatoria no B.O.P


<<  Anterior | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Seguinte  >>