Concello
O Alcalde responde
O Concello de Neda decidiu impulsar un sistema de consulta directa co alcalde coa finalidade de que todos os veciños fagan chegar as súas suxestións e consultas ao consistorio de xeito directo.
Através deste servizo, os veciños poderán, tanto realizar consultas e suxestións como solicitar unha cita na casa consistorial para tratar os temas que estimen oportuno.
Hai dúas opcións para conctar de forma directa co alcalde:
Acceder ao formulario de contacto
Enviar un correo a angel.alvarino@neda.gal
Ademais, en caso de urxencia está habilitado para o servizo de whatsapp o número 679 42 38 84 de conexión directa co alcalde.