Axenda


Teatro na Casa de Cultura

 Domingo 24 de setembro ás 18.30 h na Casa da Cultura. Ciclo de Teatro en Familia.
Danza da Choiva da Compañía Elefante Elegante. Espectáculo familiar de danza e monicreques. Recomendado a partir de 3 anos. 
Premio de Teatro María Casares 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil.
Prezo entrada adultos 2 €, infantil 1 €. Billeteira aberta o venres de 10 a 13 e de 16 a 20 h e o domingo ás 17.00 h.


RUTA DO PINCHO en Neda.

Os fins de semana do venres 18 a domingo 20 e de venres 25 a domingo 27 de agosto RUTA DO PINCHO en Neda.
Os establecementos participantes son: A Canteira, O Fumazo, Entreríos, O Lagar, Albarón, La Barra de Oro, Chámalle como Queiras e Hiper Energy.

Sorteo de tres premios de 100 € as castillas cubertas nas que o público votará ao Pincho Máis Saboroso, Máis Orixinal e Mellor Presentado.

Como novidade a partir do 17 de agosto estará activa a aplicación para o móvil Quedamosdetapas onde pódese encontrar información de cada local coma a ubicación, horarios, menús... e o pincho coa súa foto, ingredientes... Pódese descargar co código QR que aparece no cartaz ou en quedamosdetapas.


Organiza Concello de Neda.

<<  Anterior | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Siguiente  >>