Noticias


Festival no entorno do Albergue de Peregrinos. Noite de Bolos



Festival Rio Belelle 2016



RUTA DEL PINCHO

RUTA DEL PINCHO

El Ayuntamiento de Neda con la colaboración de 8 establecimientos hostaleros organizan una nueva edición de la Ruta del Pincho dentro del programa de actividades previas a la XXVIII Fiesta del Pan.
Tendrá lugar los días 19, 20 y 21 y el 26,27 y 28 de agosto.
La clientela recibirá una cartilla que tendrá que sellar en cada uno de los establecimientos. Aquellas personas que la completen
entrarán a formar parte de uno sorteo público de tres premios de 100 ? cada uno, por cortesía del Ayuntamiento.
Ase incluso habrá tres categorias de premios otorgados por la clientela, a los que optan los establecimientos participantes:
Al pincho más sabroso, al más original y al mejor presentado.
Precio del pincho 0,50.
Participantes: La Cantera, El Fumazo, Entreríos, El Lagar, La Barra de Oro, Albarón, Él Mirador, Hiper Energy.
Horario de degustacións: viernes de 20.la 22.30, sábado y domingo de de 12 a 14.30 y de 20 a 22.30.



PREGO DE CONDICIÓNS QUE REXERÁN O OUTORGAMENTO DE AUTORIZACIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA, MEDIANTE POXA POR PROCEDEMENTO ABERTO, DE ESPAZO PÚBLICO DESTINADO A INSTALACIÓN TEMPORAL DE CANTINA, DURANTE OS ACTOS DA FESTA DO PAN 2016 NO PASEO MARÍTIMO DE XUBIA.

 PREGO DE CONDICIÓNS QUE REXERÁN O OUTORGAMENTO DE AUTORIZACIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA, MEDIANTE POXA POR PROCEDEMENTO ABERTO, DE ESPAZO PÚBLICO DESTINADO A INSTALACIÓN TEMPORAL DE CANTINA, DURANTE OS ACTOS DA FESTA DO PAN 2016 NO PASEO MARÍTIMO DE XUBIA.

 

1.- OBXECTO DO CONTRATO.-

Autorización de uso do dominio público para explotación temporal de cantina provisional no paseo marítimo de Xubia (Albergue de peregrinos), os días 3 e 4 de setembro de 2016, con motivo da “Festa do Pan de Neda 2016”.

2.- FORMA E PROCEDEMENTO DA ADXUDICACIÓN.-

O outorgamento da autorización realizarase en réxime de concorrencia mediante poxa ó alza por procedemento aberto cun único criterio de valoración, o mellor prezo, que neste caso, será a oferta económica máis alta.

3.- CONTIDO DO CONTRATO.-

Autorización de uso de dominio público para explotación temporal de cantina provisional no paseo marítimo de Xubia – Albergue de Peregrinos, situado na zona na terán lugar os espectáculos musicais e outros, durante a celebración da Festa do Pan de Neda, os días sábado 3 e domingo 4 de setembro de 2016.

4.- IMPORTE MÍNIMO DA POXA.-

O importe mínimo da poxa establécese en 2.000,00 euros, mellorable ó alza.

5.- PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DAS PROPOSICIÓNS.-

1.      O prazo de presentación de proposicións será do 11 ao 25 de agosto e a convocatoria farase pública na páxina web de Neda e no taboleiro de anuncios.

2.      A presentación realizarase no Rexistro Xeral de Entrada do Concello, en horario de 9.30 a 14.00 horas de luns a venres.

3.      As proposicións presentaranse nun sobre pechado no que figure “Poxa para uso de dominio público para explotación temporal de cantina provisional na Festa do Pan 2016”. No seu interior incluirase a seguinte documentación:

 

- Copia do DNI no caso das persoas físicas, o CIF e escritura de constitución inscrita no Rexistro Mercantil, no caso das persoas xurídicas.

- Declaración responsable, prestada nalgunha das formas previstas no articulo 73 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos del Sector Público, de non estar incurso en ningunha das prohibicións de contratar sinaladas polo artigo 60 de dita Lei.

- No suposto de actuarse por representación, o poder notarial que así o acredite.

- O importe que se oferta.

6.- APERTURA DE PROPOSICIÓNS E PRAZO DE ADXUDICACIÓN.-

A valoración das ofertas a realizará unha Comisión de Valoración constituída polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello que, a presidirá, e un vogal designado por cada un dos grupos políticos municipais, actuando como Secretario o da Corporación ou persoa en que delegue.

A apertura dos sobres contendo as proposicións económicas realizarase nun acto público que se celebrará no salón de sesións da Casa do Concello, ás 14:00 horas do día seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas.

A adxudicación a realizará o Sr. Alcalde-Presidente do Concello e recaerá sobre a mellor das ofertas, entendéndose por tal a de maior importe.

7.- CONDICIÓNS PARTICULARES.-

O adxudicatario estará obrigado a contratación dun seguro de responsabilidade civil para o desenvolvemento da actividade, cunha cobertura mínima de 300.000,00 €, que deberá presentar por Rexistro antes dos días da explotación da cantina.

En lugar visible colocarase unha lista de prezos máximos a cobrar en barra que será a seguinte:

Cervexa quinto: 1,50 €.

Cervexa terzo: 2,00 €.

Cañas: 2,00 €.

Caña pequena: 1,50 €.

Vermú: 2,00 €.

Auga: 1,00 €.

Refrescos e similares: 1,50 €.

Viño: prezo a determinar segundo o tipo.

Cuba libre nacional: 3,00 €.

Cuba libre importación: 3,50 €

O Concello dotará ó espazo de mostradores, toma de corrente, luz, auga e desaguadoiro.

O adxudicatario está obrigado ao cumprimento da vixente normativa laboral, fiscal e de seguridade social e demais disposicións que sexan de aplicación.

7.- PAGO.-

O pago do prezo ofertado realizarase dentro do prazo máximo dos dous días seguintes ó da adxudicación, mediante o seu ingreso na seguinte conta bancaria do Banco Santander, sucursal de Neda:

ES55 0049 3902 8310 1000 4490

8.- RESPONSABILIDADE POR DANOS.-

O adxudicatario será responsable de calquera dano que ocasione, comprometéndose a entregar os bens no estado nos que o recibe.

Neda, 9 de agosto de 2016.

A Concelleira de Delegada de Turismo,

 

 

MARÍA HELENA PARDO RODRÍGUEZ.

 

 



Cartel ganador "XXVIII Festa do Pan "

Cartel ganador "XXVIII Festa do Pan "


<<  Anterior | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Siguiente  >>